A Igualdade non ten idade

Nun futuro non moi lonxano…unha científica e un mestre de música teñen a oportunidade de contar cómo as rapazas e rapaces do seu tempo, foron capaces de cambiar o mundo axudando ás persoas maiores a comprender o que verdadeiramente era a igualdade.

Un espectáculo no cal descubriremos o “Invento” que permitiu converter todas a inxustizas en oportunidades, cambiando a sociedade. Un mundo no que se respeta a todas as persoas, diversas na súa esencia, pero iguais nos seus dereitos. Nun espectáculo con música, xogos e dinámicas divertidas descubriremos que a igualdade non ten idade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

>  info@papabuis.com   <<